17 de nov. de 2025

TUI

A presentación do libro “As trampas da pornografía” abrirá a programación do 25N en Tui  

  As tres autoras  - Chis Oliveira, Amaba Traba e Priscila Retamozo - presentarán o seu libro, este mércores, ás 19 h no Espazo Sociocultural  


Chis Oliveira, Amada Traba e Priscila Retamozo
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 Este mércores, 19 de novembro, ás 19 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, abrirase en Tui a programación do 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, organizada polo Concello de Tui co lema “O noso corpo, campo de batalla”. O primeiro acto será a presentación do libro “As trampas da pornografía”, de Chis Oliveira, Amada Traba e Priscila Retamozo.  

 Chis Oliveira, catedrática de Filosofía e doutora en Educación Afectivo-Sexual; Amada Traba, socióloga e profesora de Socioloxía da Educación na UVigo; e Priscila Retamozo, politóloga e máster en Igualdade de Xénero, aportan datos da pornografía actual co obxectivo de conseguir un cambio: implantar unha educación sexual integral.  

 O libro é unha invitación a repensar a educación sexual que se ofrece a nenos, nenas e adolescentes, denunciando os efectos da pornografía, insistindo na prevención, e ofrecendo ferramentas para concibir a sexualidade coma un territorio de liberdade, consentimento e bo trato.  As súas autoras, tres mulleres referentes de distintas xeracións, apostan por unha mirada transformadora sobre a pornografía e a educación sexual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario