17 de nov. de 2025

PONTEVEDRA

MINUTO DE SILENCIO EN RECORDO DAS VÍTIMAS DE SINISTROS DE TRÁFICO

 Tivo lugar na mañá deste luns, na Subdelegación do Goberno, en Pontevedra


O subdelegado do Goberno xunto coas persoas que na mañá deste luns, 17 de novembro, participaron no acto de minuto de silencio celebrado na Subdelegación con motivo do Día Internacional en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico
Foto: S. do G.

Infogauda / Pontevedra 

  Con motivo do Día Internacional en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico, na mañá deste luns, 17 de novembro, tivo lugar na Subdelegación do Goberno, en Pontevedra, o acto dun minuto de silencio en lembranza das vítimas de accidentes de tráfico. Ademais do subdelegado do Goberno, Abel Fermín Losada Álvarez, e do alcalde da cidade de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, participaron efectivos das forzas de seguridade do Estado, representantes doutras institucións, membros de colectivos de moteiros e cidadáns, en xeral.

 Ao termo do minuto de silencio, o subdelegado do Goberno, Abel Losada, referiu que "con este acto en memoria das vítimas de accidentes de tráfico, o que se pretende é concienciar á sociedade, da importancia de ter presente, cada vez que collemos o coche, cada vez que vamos pola rúa, ou pola estrada, de manter á atención, cumplir escrupulosamente as normas, porque indudablemente están en xogo ás vidas das persoas. E non hai nada máis importante.

 No que vai de ano, na provincia, no que respecta a vías interurbanas levamos 830 vítimas, entre falecidos e feridos de distinta consideración. 17 persoas perderon á vida, que vén sendo á media dos últimos anos. Houbo 155 feridos graves. Eiquí estamos un pouco por riba da media dos últimos anos, e 1.106 heridos leves, onde tamén nos situamos na media.

 Eu quero aproveitar para sinalar que estamos no outono. Vai comezar o inverno, e a mistura de chuvia, xeo e menos luz solar son elementos que está relacionados coa sinistralidade  de tráfico. Polo tanto, é necesario incrementar á prevención e o coidado.

 As causas [dos sinistros de tráfico] continuamos no mesmo cóctel habitual: velocidade inadecuada, distraccións, utilización de teléfonos móbiles, consumo de alcol e substancias estupefacientes.

 E en canto aos perfís, dos 17 falecidos 8 son usuarios vulnerables, deles 6 motoristas. Tamén hai niso un elemento de risco importante, e outro elemento de risco é a idade. Tamén á poboación maior está de sobra representada. 

 E por último, en termos de xénero, hai 11 homes e 6 mulleres.

 No que respecta as estradas, por tipos de vía, as estradas autonómicas son as que teñen un maior nivel de incidencia. 

 E tamén é verdade que nas vías de alta capacidade e nas autovías hai menos incidencia de accidentes. Pero no tema das titularidades convén ser prudentes e sensatos, e saber que non ten que ver tanto coas condicións obxetivas das vías, senón coas condicións xerais da conducción, climatolóxicas, diurnas, nocturnas, etc.

 E quero agradecerlle ao alcalde, que nos acompañe, por suposto, porque do que se trata é de concienciar ás persoas, porque é un tema que afecta a vidas humanas. Polo tanto todo que sexa axudar, benvido".

Ningún comentario:

Publicar un comentario