6 de nov. de 2025

O ROSAL

Un soño feito realidade

A Agrupación Musical do Rosal foi seleccionada para participar no World Music Contest (WMC) de Kerkrade 2026




Agrupación Musical do Rosal

 A Agrupación Musical do Rosal foi seleccionada para participar no World Music Contest (WMC) de Kerkrade 2026, o evento máis prestixioso do mundo da música de vento, coñecido como os Xogos Olímpicos da música de vento. 

 Competiremos na Concert Division, a categoría máis alta do certame, xunto con bandas de países como Suíza, Portugal, Noruega, Bélxica ou Alemaña. Mención especial para os veciños de Caldas de Reis que tamén participarán.  

 Estar no WMC é un feito histórico para O Rosal e para Galicia, e un recoñecemento ao esforzo, á paixón e ao traballo de todos os músicos que fixeron medrar esta familia ao longo dos anos 

 Agora comeza unha nova etapa: precisamos o apoio de empresas, entidades e veciños/as para facer realidade esta viaxe e levar a nosa música, a nosa lingua e o nome do Concello do Rosal ao corazón de Europa. 

 Toda a información do certame no seguinte enlace:  https://wmc.nl/en

Ningún comentario:

Publicar un comentario