6 de nov. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda conta con biotrituradoras para o préstamo, e estruturante  

As máquinas poderanse solicitar para o seu uso durante unha semana

  

Unha das biotrituradoras que o Concello de A Guarda cede en préstamo as persoas veciñas
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 Durante a época de poda, o Concello de A Guarda recorda que conta con biotrituradoras a disposicións das persoas veciñas.  

 Con elas poderase triturar restos de xardín, ramas, follas, restos leñosos,..., para obter estruturante ou acolchado. As persoas interesadas xa as poden solicitar na sede electrónica ou no rexistro. O préstamo terá unha duración máxima de 7 días.  

 Ademais, tamén se dispón de estruturante que se pode recoller no Punto Limpo ou Punto Verde, no horario habitual de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas e os sábados de 8:00 a 13:00 horas.   

 Para calquera dúbida pódese enviar un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es ou chamar ao teléfono 986 610 000.

Ningún comentario:

Publicar un comentario