O Concello de A Guarda avanza no seu compromiso verde cun camión eléctrico
• Este novo vehículo estará destinado á recollida dos biorresiduos do colector marrón
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda ultima os preparativos para a instalación do colector marrón. Por ese motivo a administración municipal vén de adquirir un novo camión para a recollida dos biorresiduos.
Este vehículo encargarase da recollida dos residuos do novo colector marrón. O vehículo é eléctrico, buscando o menor impacto contaminante e reducindo as emisións de CO2.
Durante as próximas semanas procederase á instalacións dos colectores marróns e a repartición de chaves. Deste xeito, o Concello de A Guarda avanza na mellora da separación dos residuos e no seu compromiso co medioambiente.
Para calquera dúbida pódese enviar un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es ou chamar ao teléfono 986 610 000.
Esta acción conta coa axuda da Xunta de Galicia e financiamento dos fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario