4 de nov. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda continúa coa programación de teatro co monólogo “Hechos furiosos”  

Este venres, 7 de novembro, ás 21:00 horas, bo Centro Cultural 




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continúa coa súa programación teatral deste outono. Este venres, 7 de novembro, ás 21:00 horas, chegará ao Centro Cultural o monólogo “Hechos furiosos”.  

 Ao longo da función, Claudia mantén unha longa conversación co seu gato. Nela reflexiona en clave de humor, sobre o mundo, as ideas preconcibidas, os límites impostos, as mentiras que nos dicimos cada día e as que nos contaron ao longo da nosa vida.  

 Esta obra que xa se estreou no teatro Principal, de Ourense e no Teatro La Capilla, de México, poderá verse na nosa vila, de balde, ata completar á cabida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario