Un torneo solidario de billar recollerá xoguetes para as familias máis necesitadas da Guarda
• A inscrición será un xoguete, e tamén hai habilitados puntos de recollida para que calquera persoa poda doar
O alcalde de A Guarda e o concelleiro de Deportes, cun membro do Club de Billar A Guarda, na presentación do torneo de billar solidario
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda e o Club de Billar A Guarda únense nestas datas tan especiais a prol da solidariedade coas persoas máis necesitadas.
Por iso, organízase para o domingo 14 de decembro un torneo solidario de billar. As inscricións poden facerse a través do teléfono 604 054 948 e consistirá na doazón dun xoguete. Haberá un máximo de 16 xogadores.
Para todas aquelas persoas que queiran doar xoguetes, habilitáronse diferentes puntos colaboradores: bar O Pescador; cafetería O Xardín; copistería e papelería Copy Quisqueya; Finetwork, e na planta baixa do Concello de A Guarda.
“É unha iniciativa moi bonita, que demostra que o deporte tamén serve para impulsar a solidariedade da vila”, afirma o alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero.
“Todos os xoguetes que se recollan destinaranse a asuntos sociais do Concello para que a súa distribución entre as familias máis necesitadas”, indican desde a organización do torneo de billar.


Ningún comentario:
Publicar un comentario