21 de nov. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda reempraza o vehículo para traballos eléctricos 


O alcalde e membros do goberno municipal de A Guarda, no momento da recepción do novo vehículo

Foto: C.A.G.
   

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda conta cun novo vehículo para realizar traballos eléctricos. "Con esta adquisición continúa a renovación do parque automobilístico do Concello para ofrecer mellores servizos á cidadanía", indican desde o executivo municipal.  

 "Neste caso, trátase - segundo indica o goberno local - dun camión para facilitar os traballos relacionados coa electricidade, preparándose para a época onde o alumeamento público pode sufrir máis danos polos efectos meteorolóxicos e cando se reducen as horas de luz solar". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario