4 de out. de 2025

PONTEVEDRA

A Deputación organiza un obradoiro para público adulto inspirado no centenario de Cerámica Celta no Museo de Pontevedra 

 Desenvolverase en outubro e decembro, e a inscrición abre o mércores 8 de outubro ás 10:00 h a través da web do Museo


Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación organiza do 21 de outubro ao 14 de novembro un obradoiro de cerámica dirixido a público adulto no Museo de Pontevedra. A actividade será impartida por Teresa Pece e constará de catro sesións de dúas horas cada unha, que se desenvolverán no Edificio Castelao de 16:30 a 18:30 h. A inscrición a este obradoiro ábrese o mércores 8 de outubro ás 10:00 h, a través dun formulario dispoñible na web do Museo: museo.depo.gal.  

 A participación no obradoiro estruturarase a través de dous grupos de dez persoas. Un deles terá lugar os martes do 21 de outubro ao 11 de novembro. O outro os venres do 24 de outubro ao 14 de novembro. En ámbolos dous e ao longo das catro xornadas, as persoas participantes modelarán, decorarán e colorearán as súas propias pezas cerámicas.   

 O obradoiro está inspirado en Cerámica Celta, un proxecto que puxo en marcha Ramón Diéguez en Pontecesures en 1925, hai xusto cen anos. Daba continuidade a Cerámica Artística Gallega, coa idea de desenvolver deseños artísticos que fixesen referencia á cultura tradicional e o universo rural e mariñeiro galego. Para iso, Cerámica Celta contou coa colaboración de artistas de renome como Francisco Asorey, Castelao, Carlos Maside, Carlos Sobrino, José María Acuña ou Bonome.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario