II CONCURSO INFANTO-XUVENIL DE PANXOLIÑAS AMdoR
• Terá lugar o sábado 20 de decembro de 2025, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal
Agrupación Musical do Rosal / O Rosal
A Agrupación Musical do Rosal organiza o II Concurso Infanto-Xuvenil de Panxoliñas, un evento que terá lugar o sábado 20 de decembro de 2025, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal. Este concurso busca promover a música coral entre a mocidade, destacando valores como o traballo en equipo, a disciplina e o disfrute da música.
Dirixido a agrupacións corais de todo tipo, con participantes de ata 18 anos, os coros deberán interpretar tres pezas relacionadas co Nadal, cun tempo máximo de 10 minutos. O evento premiará os mellores coros con galardóns de 250 €, 150 € e 100 €.
O prazo de inscrición está aberto ata o 13 de decembro de 2025. Para máis información, pode contactar connosco no enderezo electrónico info@agrupacionmusicaldorosal.com ou no teléfono 609 866 792.

Ningún comentario:
Publicar un comentario