O Concello de A Guarda organiza un obradoiro para conectar co corpo e co movemento
• O curso é de carácter gratuíto, e as inscricións xa están abertas
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través do Centro de Información á Muller (CIM), continúa a promover actividades para achegarse ao autocoñecemento e ao benestar integral das mulleres. Desta volta, organízase un obradoiro denominado “Corpo en movemento, o danzar”.
O obradoiro quere que a danza se converta en manifestación do corpo en movemento, expresión bailada, experimentación corpórea, autocoñecemento lúdico.
Ademais abordaranse aspectos imprescindibles, como adquirir unha mínima conciencia corporal, compartir estímulos para a percepción física, kinestésica e sensorial, aspectos intrínsecos da danza (ritmo, espazo, fluidez, estrutura, tempo,...).
As sesións semanais formúlanse cunha duración de hora e media, de 11:30h a 13:00h durante dez sesións, a partir do próximo venres 24 de outubro.
As inscricións aínda están abertas a través do teléfono 986 61 46 48 ou do correo electrónico muller@aguarda.es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario