22 de set. de 2025

A GUARDA

O ciclo “Ven ao teatro” vai comezar cun monólogo sobre a personaxe de Ricardo III

 Este venres, 26 de setembro, ás 21:00h, no Centro Cultural



Infogauda / A Guarda

 Este outono, o Concello de A Guarda volve apostar polo teatro, con cinco obras diferentes dentro da programación de “Ven ao teatro”, no Centro Cultural.  O ciclo arranca o venres 26 de setembro, ás 21:00h coa obra “Mala Vida e Pior Morte de Ricardo III”. Trátase dun monólogo dirixido á audiencia do personaxe do difunto rei Ricardo III de Inglaterra, quen argumenta en contra do relato dos derradeiros anos da súa vida que Shakespeare deixou trazado no drama “A vida e a morte do rei Ricardo III”.  

 Con esta obra tentase dar a coñecer ao personaxe de Ricardo III, situándoo no seu contexto histórico e na súa calidade humana a través do humor no que se revelan as súas contradicións. 

 



 No mes de outubro “Nada se sabe” repasará diferentes visións da discapacidade no teatro clásico. Xa para novembro haberá dobre representación: “Hechos Furiosos”, onde unha muller manterá longas e profundas conversacións co seu gato; e “Chegar e encher”, un divertido monólogo teatral onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré.  

 Para rematar no mes de xaneiro, a cómica Leti da Taberna traerános o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario