22 de set. de 2025

A GUARDA

 O cine divertido tamén é solidario 

 O Grupo San Roquiño, presenta a película Goián Vaciado 

 O vindeiro sábado, día 27 de setembro, ás 21:00 horas, no Centro Cultural de A Guarda




Infogauda / A Guarda

 O vindeiro sábado, día 27 de setembro, ás 21:00 horas, no Centro Cultural de A Guarda, imos ter a oportunidade de gozar cunha película moi especial.

 Trátase da proxección do filme Goián Vaciado, unha obra realizada polo Grupo San Roquiño, que ademais de ser moi divertida, conta cunha finalidade solidaria en favor de ONG Conrazones. 

 Dese xeito, a entrada consistirá nun donativo en forma de alimentos non perecedoiros, que serán destinados á devandita asociación, para axudar ás persoas que máis o precisan.

 Con esa sesión de cinema, búscase non só dar visibilidade ao traballo artístico, social e cultural da contorna, senón tamén fomentar a solidariedade veciñal e a cooperación co tecido social da comarca.  

 Acudide, aportade a vosa achega solidaria en especie, e pasade un anaco do voso tempo de lecer, colleitando sorrisos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario