A CIG convoca folga no SAF para o 13 de agosto
Infogauda / Vigo
A CIG ten convocada, para mañá mércores, día 13 de agosto, unha xornada de folga nos Servizos de Axuda no Fogar de Galiza, en resposta ao asasinato da traballadora do Porriño, en solidariedade coa súa familia e para exixir medidas que garantan a protección efectiva das traballadoras deste sector.
Con este motivo son numerosas as convocatorias de concentracións previstas por toda a xeografía galega. No caso da comarca de Vigo, ademais de manifestación desde a Farola de Urzáiz até o edificio da Xunta de Galiza, ás 17:30 horas, están previstas as seguintes concentracións diante dos concellos:
Vigo: 11:30 horas
Redondela: 11:30 horas
Ponteareas: 12:00 horas
Covelo: 12:00 horas
As Neves: 11:30 horas
Pazos de Borbén: 11:30 horas
Porriño: 11:30 horas
Moaña: 11:30 horas
Mos: 11:30 horas
Tomiño: 11:30 horas
Nigrán: 11:30 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario