O GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE CUALIFICA AS PRAGAS DE MOSCAS
Como un grave problema de saúde pública
Grupo municipal do PSdeG-PSOE / Tomiño
Alertamos e denunciamos dende o primeiro momento das pragas de moscas coma un grave problema de saúde pública no noso Concello, que está a afectar física e psíquicamente á veciñanza, e provocando perdas económicas na hostalería e danando seriamente a imaxe de Tomiño por quen nos visita cada ano.
O Goberno municipal, coma sempre, púxose de perfil e non quixo actuar. Esiximos que se tomen medidas urxentes e que deixen de ganar tempo con estudos e mesas de traballo que non están a atallar a crise. Que empecen por ordenar o territorio, que si é competencia exclusiva municipal.
Poñer freo as deforestacións masivas para novas plantacións de aguacates, viñedo, etc..., é prioritario e urxente, e hai que empezar a regulalo xa, por moitos intereses privados que estean detrás.
É unha necesidade para a poboación, para o medio ambiente e a biodiversidade, e para que Tomiño deixe de ser coñecido como o concello das moscas.
Parecerme increíble que un goberno declado por eles mismos de esquerdas, sean tan pasivos na axuda a os veciños e axuden tanto os empresarios.
ResponderEliminar