27 de ago. de 2025

O ROSAL

O Rosal olla cara ao ceo nun novo ciclo de actividades de Galicia Suroeste 

   A actividade, de balde, celebrarase o venres 10 de outubro e formará parte da programación das Festas do Outono do Pilar. Inscrición previa dende o 29 de agosto en galiciasuroeste.gal  




Infogauda / O Rosal

 O Rosal olla cara o ceo para converterse en Destino Turístico Starlight. O venres 10 de outubro o concello acollerá un evento de   Os Ceos de Galicia Suroeste”, un ciclo de 14 actividades de iniciación á observación dos ceos posta en marcha pola entidade Galicia Suroeste.  

 Galicia Suroeste iniciou o pasado mes de marzo os tramites para a certificación como destino Starlight, seguindo a folla de ruta establecida no Plan Estratéxico da entidade e no Plan de Sustentabilidade Turístico en Destino do que é órgano xestor. Co fin de iniciar a promoción deste novo produto turístico que busca a protección, a conservación e o retorno económico para os territorios, Galicia Suroeste ofrecerá a partir do mes de setembro un ciclo de 14 actividades para a iniciación á observación dos ceos nocturnos.

Saída nocturna de iniciación ao astroturismo 

 O Rosal acollerá esta actividade o venres 10 de outubro, formando parte ademais da ampla programación prevista para celebrar as Festas do Outono do Pilar. Será unha saída nocturna de balde realizada por guías turísticas certificadas pola Fundación Starlight, que permitirán ás persoas interesadas descubrir unha nova forma de mirar ao ceo e iniciarse no mundo do astroturismo.  

 Para poder participar, Galicia Suroeste abrirá o vindeiro venres día 29 de agosto a inscrición na súa web, galiciasuroeste.gal.  

 Esta actividade está enmarcada dentro das actividades de promoción do destino que anualmente desenvolve Galicia Suroeste, e conta coa financiación de Turismo de Galicia e Deputación de Pontevedra – Turismo Rías Baixas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario