O concerto “Unha Galicia para escoitala” ten nova data
• Será o venres, 5 de setembro, ás 20:00 horas, nas docas da Pasaxe (Camposancos)
Infogauda / A Guarda
“Unha Galicia para escoitala”, un proxecto innovador onde música e tecnoloxía van da man vai chegar á Guarda. O concerto ao piano, de Javier Otero Neira, ten nova data: o venres, 5 de setembro ás 20:00 horas, nas docas da Pasaxe (Camposancos).
Esta proposta baséase na contorna que o rodea, polo que contará cun escenario moi especial, onde gozar do río Miño con vistas a veciña localidade de Caminha (Portugal).
O son chegará aos ouvintes grazas á auriculares inalámbricos a través dunha rede WIFI que permite aos asistentes moverse libremente, levando consigo a música en total silencio ao tempo que interactúan co espazo, á brisa, o solpor, a natureza,… E, por suposto, coa música.
Para poder participar nesta experiencia precísase inscrición previa - xa aberta desde o martes 26 de agosto -, no Centro Cultural ou chamando ao 986 61 18 50, en horario de 9 a 14h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario