14 de ago. de 2025

A GUARDA

Dous obradoiros para aprender e crear curtametraxes e explorar o movemento expresivo no Baixo Miño  

Os obradoiros están dirixidos á mocidade e están organizados pola asociación FOCO, de A Guarda


Presentación dos obradoiros do proxecto Artífices
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 A asociación FOCO organiza para estas semanas uns obradoiros de balde dentro do proxecto Artífices. Estas novas oportunidades para a formación cultural e artística céntranse no movemento e na curtametraxe e desenvolveranse no Centro Cultural de A Guarda.  

 Free Move comezará do luns 18 ao mércores 20, tanto en horario de mañá (10:00 a 13:00h) como de tarde (15:00 a 17:30h). Xiana Aldea e Sara González coordinan esta formación con 7 prazas para persoas de 15 a 20 anos, con gañas de aprender e pasalo ben, para participar nun obradoiro intensivo de movemento expresivo.  

 Vysualia é un obradoiro intensivo para levar a cabo un proxecto audiovisual. Diego González e Samuel Martins ensinarán a crear vídeos dende cero con ferramentas de casa, sen moita experiencia, con ganas de aprender e innovar. As inscricións están abertas para todo o mundo. Estas sesións terán lugar na última semana de agosto, do luns 25 ao venres 29, de 10:30 a 13:30.  

 Os resultados destes dous proxectos serán presentados o sábado día 30 ás 19:00h nun evento no Centro Cultural de A Guarda. 

Inscricións: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeNnpUHgcvc_pD7nLMotfblMlWI22HNYI3tnQvmO-zUme8-XA/viewform   

 Para máis información sobre Free Move, Sara González (+34 609 73 40 79); sobre Vysualia, Samuel Martins (+34 613 08 81 60); sobre FOCO e o proxecto Artífices, María González (maria@focoeuropa.com). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario