16 de ago. de 2025

A GUARDA

A ORQUESTRA CLÁSICA DE VIGO INTERPRETARÁ OBRAS DE BEETHOVEN

 Este sábado, 16 de agosto, ás 20:30 horas, no auditorio de San Bieito




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Dentro de ciclo Concertos ás beiras do Miño, impulsado pola Deputación de Pontevedra, a Orquestra Clásica de Vigo actuará este sábado, 16 de agosto, ás 20:30 horas, no auditorio San Bieito, de A Guarda. 

 Dirixida por Manuel Martínez Álvarez-Nava, a Orquestra Clásica de Vigo ofrecerá o seguinte programa:

 Ludwig van Beethoven (1770-1827)  

  •  As criaturas de Prometeo (Abertura)  

  •  Sinfonía nº 3 en mi bemol maior, Op. 55

Orquestra Clásica de Vigo

 A Orquesta Clásica de Vigo, decana de Galicia, naceu en 1984 da man do seu director titular e artístico Manuel Martínez Álvarez-Nava, configurando un proxecto que ofrece a súa programación anual na cidade de Vigo. Nos 40 anos de historia da entidade, as obras interpretadas superan as 500, sendo isto un exemplo de aposta pola diversidade na música. Nos últimos anos realizou propostas de danza, cinema en directo, bandas sonoras, propostas actuais e obras consagradas. Trátase dunha formación que aposta pola innovación, os novos formatos e o traballo entre disciplinas, espazos e estilos. Polos seus atrís pasaron máis de 650 instrumentistas de toda Galicia e do Norte de Portugal, con máis de 140 solistas. A Orquestra Clásica de Vigo non entende de estilos ou etiquetas na súa programación, que se acolle como unha oportunidade para explorar a riqueza do patrimonio musical e atraer a públicos distintos aos da música clásica tradicional.

Manuel Martínez Álvarez-Nava 

Director titular e artístico  

 Nacido en Oviedo en 1957. Discípulo do mestre Alfonso Ordieres Rivero, estuda violín e viola no Conservatorio Superior de Asturias. Posteriormente amplía os seus estudos de viola con Enrique Santiago. Estuda dirección de orquestra co mestro Jacques Bodmer, discípulo do lexendario mestre Hermann Scherchen. Foi profesor violista da Orquesta Sinfónica de Asturias “Angel-Muñiz Toca” entre 1977 e 1983. Fundador, solista e concertino da Orquesta Universitaria de Oviedo, da que también foi director adxunto. De 1983 a 2023 foi catedrático de violín no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Recentemente foi director convidado en cidades como L’Aquila, Viana do Castelo, Porto, Trento ou Hamburgo. É o director titular da Orquestra Clásica de Vigo dende a súa creación en 1984.

Ningún comentario:

Publicar un comentario