A Guarda vivirá esta fin de semana un episodio de altas temperaturas
• E acadará a alerta laranxa este domingo 3 de agosto
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda fixo público na tarde deste venres día 1 de agosto, o seguinte:
AVISO
Desde o 112 alertan dun episodio de altas temperaturas que vivirá a zona do Baixo Miño. Por iso, durante esta fin de semana A Guarda atoparase en alerta por altas temperaturas.
Durante as xornadas de hoxe e do sábado a alerta será de carácter amarelo por temperaturas que poden acadar os 35ºC.
O domingo vivirase un día de especial risco con alerta laranxa por temperaturas que poden acadar os 37ºC.
Ante estas xornadas de altas temperaturas pregamos á cidadanía que actúe con precaución, evite actividades de alto impacto e as horas centrais do día e se manteña hidratado.
Ademais mantémonos en risco moi alto de incendios, polo que recordamos que aqueles propietarios de parcelas as manteñan limpas para evitar a proliferación de incendios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario