15 de ago. de 2025

A CORUÑA

O sábado do Viñetas desde o Atlántico reunirá presentacións, sinaturas e unha mesa redonda sobre banda deseñada en Portugal 

  A xornada inclúe tamén un encontro sectorial no Circo de Artesáns e actividades con autores como Magius, Clara e Olivia Cábez, Fermín Solís e Víctor Coyote


O Festival Internacional da Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico continúa este sábado 16
Foto: Cedida

Infogauda / A Coruña 

 O Festival Internacional da Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico continúa este sábado 16 cunha programación variada que combina charlas, presentacións e sinaturas con destacados nomes da BD nacional e internacional, así como un encontro profesional sectorial no Circo de Artesáns. 

 Pola mañá, a Rúa da Banda Deseñada abrirá ás 11:00 horas coa charla Making of de O segredo da serpe, a cargo de Abel Alves (en colaboración con Demo Editorial). Ás 11:30 horas, o mesmo autor presentará a webserie de animación O búnker, tamén con Demo Editorial. A mañá rematará ás 12:30 horas cunha sesión de sinaturas que reunirá a Magius, Clara e Olivia Cábez, Fermín Solís, Miguel B. Núñez, Víctor Coyote, Carlos Azagra e Encarna Revuelta.

 Xa pola tarde, ás 17:00 horas, Arkaitz González presentará ¡Astrid! (en colaboración con Fandogamia Editorial), seguido ás 18:00 horas pola presentación do selo Label 619 a cargo de Ricardo Esteban (Nuevo Nueve). Ás 19:00 horas, Natalia Velarde dará a coñecer a súa obra Encías quemadas (Penguin Random House), e ás 20:00 horas celebrarase a charla Facer BD en Portugal: Da idea á impresión, con Marcos Farrajota, Raquel Costa e Nuno F. Cancelinha (Chili com Carne). A xornada pecharase ás 21:00 horas no Circo de Artesáns co encontro sectorial (entrada con invitación).

Ningún comentario:

Publicar un comentario