8 de xul. de 2025

A GUARDA

Avelaíña recibe a visita institucional da Directora Xeral de Persoas con Discapacidade, da Xunta de Galicia 


A sede da Asociación Avelaíña, en A Guarda, acolleu esta mañá a visita da Directora Xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón Fernández

Foto: Cedida

Infogauda / A Guarda 

 A sede da Asociación Avelaíña, en A Guarda, acolleu esta mañá a visita da Directora Xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón Fernández, nun acto que puxo en valor o traballo das entidades sociais na atención ás persoas  con discapacidade  por enfermidade mental. 

 O encontro contou tamén coa presenza de representantes de FEAFES Galicia, entre eles o seu director, Antonio Hernández, a Coordinadora de Desenvolvemento Organizativo, Vanesa Fernández e Ana Escrigas, Coordinadora de comunicación. 

 A comitiva foi recibida por Rafael Álvarez, xerente de Avelaíña, e polo responsable do Centro de Avelaíña en A Guarda, José Iglesias, quen guiaron aos asistentes nun percorrido polas instalacións, explicando os diferentes programas e servizos que se desenvolven na Asociación. 

 Posteriormente, celebrouse unha reunión de traballo na que presentaron á Directora Xeral, os servizos que Avelaíña ofrece no ámbito da saúde mental, así como as principais necesidades actuais da entidade. O obxectivo do encontro foi explorar novas canles de colaboración coa Consellería de Política Social para garantir a  mellora dos recursos destinados ás persoas usuarias. 

 Durante a visita, Abeijón Fernández destacou “o compromiso da entidade coa inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade mental”. Pola súa banda, Rafa Álvarez, Xerente de Avelaíña, sinalou que “a colaboración entre administracións e entidades sociais é clave para avanzar en dereitos e oportunidades para todas as persoas”. 

 Avelaíña, con máis de 28 anos de traxectoria, é unha entidade de referencia na zona sur da provincia de Pontevedra, prestando apoio a persoas con enfermidade mental a través de programas de atención psicolóxica, rehabilitación e actividades comunitarias. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario