21 de xul. de 2025

DEPORTES

Máis de 300 ciclistas galegos e portugueses participarán no I Gran Premio Ciclista ORPAGU   

A proba, aberta a ciclistas desde os 4 anos ata maiores de 60,  celebrarase este sábado, 26 de xullo, a partir das 15:00h na zona da Sangriña


Directivos de ORPAGU, co ciclista veterano José Teixeira Rodríguez, e os concelleiros de Cultura e de Eventos Deportivos, respectivamente, xunto cunha representación de ciclistas do Team Oiense, na presentación do  I Gran Premio Ciclista ORPAGU
Foto: Cedida
 

Infogauda / A Guarda  

 Máis de 300 ciclistas de Galicia e do Norte de Portugal cítanse este sábado, 26 de xullo, no I Gran Premio Ciclista ORPAGU. A carreira, aberta a ciclistas desde os 4 anos ata maiores de 60, terá un percorrido urbano de 1,1km,  no que os ciclistas completarán distintas voltas en función da súa categoría.  

 Dese xeito, a partir das 15:00h na zona da Sangriña poderemos ver os ciclistas das diferentes categorías desde as promesas ata os másters, elite ou sub-23.

 Esta proba, promovida polo Team Oiense e patrocinada pola Organización de Palangreiros da Guarda (Orpagu), conta coa colaboración do Concello de A Guarda e busca promover o deporte na sociedade.   

 “O obxectivo é construír unha cita anual que se converta en tradición, que unha xeracións e fomente a vida activa entre veciños e visitantes”, di Aser Estévez Cividanes, concelleiro de Eventos Deportivos, do Concello de A Guarda.  

 Este evento deportivo coincide coa Festa do Peixe Espada, que se celebrará na fin de semana en diferentes restaurantes guardeses.  

 Ademais dos tres equipos do club anfitrión, espérase a participación de corredores de toda Galicia e tamén do norte luso, nun evento que aspira a consolidarse como referente do calendario ciclista popular galego.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario