O coro Cantábile efectuará un pasacalles por varias rúas da vila de A Guarda
• Este sábado, 26 de xullo, a partir das 20:00h, facendo paradas na praza de Avelino Vicente, na igrexa de san Bieito e na rúa do Porto
Infogauda / A Guarda
Este sábado, 26 de xullo, a partir das 20:00h, as rúas da vila guardesa encheranse de novo de música, esta vez grazas ao Coro Cantábile, de A Guarda.
O Coro Cantábile, dirixido por Avelino Ferreira López, comezará súa actuación na praza de Avelino Vicente, e posteriormente percorrerá a rúa Concepción Arenal, facendo paradas fronte a igrexa de san Bieito e na rúa do Porto, respectivamente.
Fundado polo inesquecible e gratamente relembrado, José Luis Lorenzo Rodríguez, este coro leva máis de 40 anos introducindo novas voces guardesas ao mundo da coral e actuando en diversos eventos da Guarda e noutras localidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario