25 de xuño de 2025

A GUARDA

A escola de baile Dansá vai celebrar seu Festival de fin de curso 

 Este domingo, 29 de xuño, ás 18:00 horas, no pavillón A Sangriña   




Infogauda / A Guarda 

 Este domingo, 29 de xuño, ás 18:00 h, no pavillón da Sangriña, a escola de danza Dansá vai celebrar o seu festival de fin de curso, en colaboración co Concello de A  Guarda.  

 Nese evento as persoas que asistan gozarán de todas as coreografías que competirán durante o mes seguinte en diversas competicións mundiais, pero tamén de aqueles grupos que non competirán pero que desbordan talento e traballo.  

 Ademais das coreografías dos integrantes da escola de danza Dansá, tamén desfrutaremos doutras sorpresas e sorteos. 

 A entrada é de balde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario