7 de xuño de 2025

A GUARDA

UN ESPELLO QUE SE BOTA EN FALLA

 Porque contribuía a evitar accidentes de circulación viaria 


No centro da imaxe permanece o soporte metálico que sustentaba un espello convexo, o cal, antes de acceder a estrada principal, permitía observar á presenza dalgún vehículo, e dese xeito evitar posibles accidentes de tráfico
Foto: Infogauda


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Calquer usuario de vehículos a motor, que procedente da contorna das cetáreas próximas a Laxe de Can, O Caneiro, Fontes, etc., no termo municipal de A Guarda, se dispoña a acceder á estrada autonómica de Galicia PO-552, vai decatarse da ausencia - non temos constancia desde cando - dun espello exterior convexo, que cando existía no seu emprazamento (coordenadas: 41°55'11.2"N 8°52'48.4"W) permitía - ao chegar á intersección da estrada secundaria coa devandita estrada autonómica -, saber da presenza dalgún vehículo - non soio automóbiles, motocicletas ou ciclomotores, senón tamén bicicletas - circulando pola antedita estrada. Estando o mencionado espello se evitaba a irrupción sen control, de vehículos procedentes de zonas situadas nunhas cotas inferiores e evitábanse posibles accidentes. Precisamente nunha estrada na que por motivos diversos, téñense rexistrado varios sinistros, con víctimas, incluso mortais.

 Para concretarmos: o espello que oportunamente fora instalado no devandito cruce, xa non está na que era súa ubicación. Queda tan soio o soporte. Nada máis. A fotografía - tirada na mañá de onte venres, 6 de xuño de 2025 - que acompaña esta información acredita o que decimos.

 Dito iso, coidamos que non debera demorarse a reposición dun espello de características similares ao que fora instalado anteriormente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario