A licitación da obra de reforma da piscina climatizada municipal vai ao pleno
• Nunha sesión extraordinaria urxente, que se celebrará o vindeiro martes, 10 de xuño de 2025, ás 8:30 na Casa do Concello
Infogauda / A Guarda
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, vén de convocar sesión plenaria extraordinaria urxente, que se celebrará o vindeiro martes, día 10 de xuño, ás 8:30 horas, na Casa do Concello.
Os asuntos da convocatoria, son os seguintes:
1. XUSTIFICACIÓN DA URXENCIA.
2. Expediente 1359/2025. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN EXPEDIENTE LICITACIÓN OBRA REFORMA PISCINA.
XUSTIFICACIÓN URXENCIA CELEBRACIÓN PLENO
Tendo en conta a necesidade de aprobar o expediente e pregos da licitación da obra de “REFORMA Y REHABILITACIÓN ENERGÉTICA DE LA PISCINA MUNICIPAL DEL CONCELLO DE A GUARDA”, con carácter urxente.
Dada a data de xustificación da subvención concedida para a realización da citada obra (AYUDAS DEL PIREP-LOCAL, DEL PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN Y RESILIENCIA FINANCIADO POR LA UNIÓN EUROPEA NEXT GENERATION-EU) e a necesidade de que a tramitación se leve a cabo coa maior celeridade posible para dar cumprimento a tales prazos de execución e xustificación.
Por todas as razóns anteditas, e dadas as datas nas que nos atopamos se considera xustificada a celebración de Pleno Extraordinario Urxente o próximo día 10 de xuño de 2025, a fin de someter a aprobación o acordo citado á maior brevidade posible.
O Alcalde
Roberto José Álvarez Carrero

Ningún comentario:
Publicar un comentario