23 de maio de 2025

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Viaxe a Glubglub: unha proposta literaria de Juan Carlos González González

 O libro foi presentado onte na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos


Juan Carlos González, con Helena Pousa e Erica González, na presentación do libro Viaxe a Glubglub
Vista da afluencia de público á presentación do libro de Juan Carlos González
 

José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 Na tardiña de onte, xoves 22 de maio, na casa da Comunidade de Montes de Camposancos, tivo lugar o acto de presentación do libro Viaxe a Glubglub, de Juan Carlos González González, en presenza de un nutrido público. 

 Presentou a obra a profesora Helena Pousa Ortega, quen analizou e comentou admirablemente as características do libro. 

 Viaxe a Glubglub foi editado no extranxeiro e traducido ao castelán, alemán, francés e italiano. É un libro con ilustracións moi coloridas feitas por Erica González, filla do autor. A primeira vista, podería parecer que se trata dun relato para nenos ou adolescentes, pero tamén interesa ao público adulto. 

 En clave irónica, os protagonistas de Viaxe a Glubglub son dous simpáticos extraterrestres que dun xeito moi sutil, poñen de manifesto certos defectos que posuímos os humanos. 

 A presentación foi amenizada con un sketch teatral, unha peza humorística, ainda que de feroz sátira, que foi acollida con entusiasmo polo público. A actuación - brillante -, correu a cargo de Ángeles Rodríguez Álvarez, Ramón Sabariz Alonso e José Antonio Rodríguez Portela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario