23 de maio de 2025

A GUARDA

O martes ábrese o prazo de citas para renovar pasaporte  e DNI na Guarda 

  


Infogauda / A Guarda

 A partir do martes, 27 de maio, pódese pedir cita para a renovación na Guarda do Documento Nacional Identidade (DNI) e do pasaporte.  

 A cita pódese solicitar de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao teléfono 986 610 000.

 Desde o Concello de A Guarda relembran que co servizo do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional só é preciso acudir un día a facer o trámite. O VIDOC instalarase na praza do Reló, o xoves, día 5, e o luns, día 23 de xuño. Atenderase de 9:30 a 12:30h, só con cita previa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario