Avelino González, actor, contador e monologuista, será o pregoeiro das Festas de San Telmo 2025
• A lectura do pregón será o sábado 19 de abril ás 12.45 h na praza da Inmaculada
Infogauda / Tui
Avelino González, actor, monologuista e contador de historias, será o pregoeiro das festas de San Telmo 2025. A lectura do pregón terá lugar o sábado, 19 de abril, ás 12.45 h, dende o balcón do edificio situado na praza da Inmaculada.
Avelino González conta cunha longa traxectoria profesional como actor tanto en teatro como en televisión e cinema participando en películas coma “Cuñados” de Toño López, ou “Heroína” de Gerardo Herrero; en series coma “Serramoura”, “Pazo de Familia”, “Padre Casares”, “As Leis de Celavella”, “Mareas Vivas”, “Cuéntame” ou “Hospital Central”. No teatro un dos seus últimos traballos foi en “Apaga o Candil” de Contraproducións; e como monologuista ten entre outros “Chistes que foron contos”, “Eran elas!” ou “Galego para adolescentes”.
Co pregón de Avelino González Tui comezará a celebración das festas na honra a San Telmo que se van prolongar até o luns, 28 de abril.
Nos últimos anos o pregón das festas de San Telmo foi lido por Luís Zahera, Carlos Blanco e Isabel Blanco, cun marcado carácter festivo para dar inicio as festas patronais tudenses.
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario