Cambio de directiva en Protección Civil de Tomiño
• O novo xefe do servizo é Alexandre Vázquez, seguido de Braian Piñeiro (subxefe)
Infogauda / Tomiño
Parte do equipo de goberno do Concello de Tomiño reuniuse coa nova directiva de Protección Civil de Tomiño para coñecer de primeira man os seus proxectos e necesidades. Durante o encontro, quixeron expresar o seu agradecemento a Iván e Elsa (directiva saínte) polo gran traballo realizado ao longo destes anos, demostrando un forte compromiso coa seguridade e o benestar da veciñanza.
Así mesmo, os representantes do goberno local, desexaron moita sorte á nova directiva nesta etapa que se inicia, “confiando en que seguirán facendo unha labor exemplar en beneficio de toda a comunidade”.
Forman a nova directiva as seguintes persoas e cargos: Alexandre Vázquez, xefe da agrupación; Braian Piñeiro, subxefe da agrupación; Juan José Rodríguez, secretario; Ismael Silva, tesoureiro; Carlos Pereira e Víctor Murga, vogais da agrupación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario