A Xunta de Galicia inviste máis de 610.000 euros nos cursos de accións formativas para desempregados impartidos no concello de A Guarda
• O delegado territorial visitou o curso de Actividades de xestión administrativa que se está a levar a cabo nas instalacións de Informática Jaime
Infogauda / A Guarda
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou as instalacións de Informática Jaime, na Guarda, unha das máis de 30 entidades que están a impartir os cursos de Acción Formativa para Desempregados (AFD) na comarca do Baixo Miño.
Durante a visita, o delegado coñeceu ao responsable do establecemento que conta cunha ampla experiencia na organización deste tipo de cursos e que lle transmitiu a súa satisfacción cos bos resultados de empregabilidade acadados nos últimos anos. Informática Jaime impartirá ata 8 cursos AFD no concello da Guarda (462.000 euros) e outros seis no concello de Tomiño para os cales conta cun financiamento total de case 770.000 euros.
Cabe destacar que na provincia de Pontevedra están aceptadas preto de 500 accións formativas, das cales máis de 30 teñen lugar nos concellos da comarca do Baixo Miño. Estes cursos contan cun orzamento de máis 1,5 millóns de euros, dos preto de 23,8 millóns de euros que a Xunta investirá no total da provincia.
O delegado aproveitou a visita para agradecer aos participantes o seu esforzo e animounos a “seguir traballando e apostando por unha formación de calidade”. Reguera tamén destacou o éxito que tiveron estes cursos en edicións pasadas, onde conseguiron “unha taxa de empregabilidade moi alta, o cal significa que están a cumprir co seu obxectivo”.
A comarca
O concello de A Guarda é o que acumula máis oferta formativa AFD de toda a súa comarca, cun total de 12 cursos distintos e un orzamento de máis de 610.000 euros. Pola súa banda, en Tomiño foron concedidas 10 accións formativas cun orzamento total de 562.000 euros. No Rosal impartiranse cinco cursos por valor de máis de 260.000 euros, mentres que o concello de Tui contará con catro AFD cun orzamento de 100.000 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario