2 de abr. de 2025

A GUARDA

Catro alumnas do IES A Sangriña gañan o certame audiovisual #PeopleOfTheFuture  

 

O alcalde, Roberto José Álvarez Carrero, e o concelleiro de Medio Ambiente, Óscar Alonso Álvarez, achegáronse ao IES A Sangriña para facer entrega do premio da IIª edición do Certame Audiovisual #PeopleOfTheFuture
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda 

 Na mañá deste mércores, día 2 de abril, o alcalde, Roberto José Álvarez Carrero, e o concelleiro de Medio Ambiente, Óscar Alonso Álvarez, achegáronse ao IES A Sangriña para facer entrega do premio da IIª edición do Certame Audiovisual #PeopleOfTheFuture.   

 As gañadoras foron catro alumnas de 1º de Bacharelato científico: Laura Rodríguez, Cayetana Berrecoso, Yurena Martín e Alejandra Iliesa. Este grupo de rapazas son as autoras do vídeo “Consciencia do uso de recursos naturais”, que resultou o gañador entre máis de 50 propostas, realizadas por máis de 220 alumnos e alumnas de 9 concellos.  

 Este vídeo realizáronno durante o obradoiro de videoactivismo ambiental realizado pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) a principios de curso. Nese traballo de vídeo, fan fincapé na importancia dos pequenos xestos para axudar ao medio ambiente ante a escaseza de recursos.

 Como premio, todas recibiron unha experiencia a cabalo e unha bolsa cun lote de produtos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario