O Concello de A Guarda advirte dunha suposta estafa
• Relacionada coa análise de augas nas vivendas
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda alerta sobre unha suposta estafa relacionada coa análise de auga nas vivendas. Os presuntos defraudadoras fanse pasar por técnicos da Xunta e chaman supostamente de parte do Concello.
Segundo veciños e veciñas, estes chaman telefonicamente, diríxense ás persoas polo seu nome, e solicitan datos persoais, como idade e horario habitual no que se está na vivenda.
O Concello da Guarda recorda non facilitar información persoal por vía telefónica, nin deixar entrar a persoas sen identificar correctamente nos seus domicilios.
En caso de recibir este tipo de chamadas ou visitas, informar ao Concello ou ás forzas de seguridade.
A colaboración é clave para protexer á veciñanza e frear estas estafas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario