O Concello de A Guarda e Cruz Vermella aumentarán a súa colaboración este 2025
Infogauda / A Guarda
O alcalde Roberto José Álvarez Carrero, e integrantes do departamento de Servizos Sociais, e de Medio Ambiente, respectivamente, do Concello de A Guarda, reuníronse con membros da Asemblea de Cruz Vermella no Baixo Miño para tratar respecto á colaboración recíproca: Concello - Cruz Vermella.
Con esta colaboración levaranse a cabo novos proxectos e accións nestes ámbitos no 2025 na vila. No pasado ano, a Cruz Vermella xa atendeu a distintos colectivos que se atopan en situación de dificultade.
Algúns destes proxectos céntranse na educación e formación en medio ambiente ou en primeiros auxilios, no acompañamento e actividades para maiores, na prestación de teleasistencia 24 horas, ou en informar sobre as oportunidades laborais.
Tamén dan soporte ás necesidades básicas das familias vulnerables, así como facilitar o acompañamento e a integración social dos inmigrantes no Baixo Miño.

Ningún comentario:
Publicar un comentario