A OMIX de A Guarda organiza actividades de ‘Tardeo’ coas asociacións da vila
Infogauda / A Guarda
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda coordínase de novo con asociacións da vila para organizar obradoiros de “Tardeo” e dinamizar así o ocio con diferentes actividades.
Os obradoiros son:
• CARTEIRAS DE CROCHET: venres 11 de abril, 19:00-21:00 horas. Sede O Percamino (A Gándara).
• EMBÁRRATE OUTRA VEZ!: sábado 12 de abril, 10:00-13:00 horas. Sede Avelaíña (Salcidos).
• OBRADOIRO DE NUDOS E MALLA DE REDE: venres 25 de abril, 19:00-21:00 horas. Sede O Piueiro (na antiga Confraría de Pescadores).
• ELABORA A TÚA PULSEIRA CON BORDADO AO AIRE: sábado 26 de abril, 10:30-12:30 horas. Coa Asociación Recuperación Traxe Galego na Aula Municipal (Casa dos Alonso).
• PINTURA EN TEA: venres 9 de maio, 18:00-21:00 horas. Con Érguete Baixo Miño ma Aula Municipal (Casa dos Alonso)
• XABÓNS GLICERINA: 10 de maio, 10:30-12:30 horas. Aula Escola de San Xerome (rúa Concepción Arenal).
As actividades son todas de balde dirixidas principalmente a persoas de entre 14 e 30 anos, aínda que se quedan prazas libres poderán ocuparse por poboación doutros tramos de idade.
Para a inscrición nunha ou en varias das actividades, só hai que mandar un correo electrónico a informacion@aguarda.es co nome, teléfono, mail e as actividades nas que se quere participar por orde de preferencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario