O Concello de A Guarda comeza a organización da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, cos hostaleiros guardeses
• Nesta edición, celebrarase do 4 ao 6 de xullo
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda reuniuse cos hostaleiros da localidade para dar comezo á organización da XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira.
A Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira é un dos eventos gastronómicos máis recoñecidos de Galicia e, onde a calidade dos seus produtos, deixa sen palabras aos asistentes.
Para acadar de novo esa excelencia, o alcalde e o departamento de Turismo xa están a traballar man a man cos hostaleiros para celebrar a mellor festa posible, na primeira fin de semana de xullo. Este ano, a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira será do 4 ao 6 de xullo.
Na pasada edición, na carpa situada no Portiño Novo, vendéronse uns 700kg de lagosta, todo un récord para esta festa gastronómica, que xa é unha cita habitual para moitos cidadáns, tanto de Galicia, como procedentes doutros lugares, no comezo do verán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario