3 de abr. de 2025

A GUARDA

A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA OFRECERÁ UN CONCERTO DE MARCHAS PROCESIONAIS

• O domingo, 13 de abril, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  A Agrupación Musical de A Guarda, coa colaboración do Concello de A Guarda e de D. Juan José González Estévez, administrador parroquial de Santa María de A Guarda, organiza un Concerto de Marchas Procesionais.

 O devandito evento - que estará a cargo da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta - terá lugar o domingo día 13 de abril, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María, de A Guarda, con entrada de balde ata completar á cabida do templo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario