A unidade móbil de inspección técnica para ciclomotores estará en Tomiño os días 7 e 8 de abril
• O terreiro de san Bieito será o lugar donde se efectúen as revisións en horario de mañá e tarde
Infogauda / Tomiño
Unha unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase a Tomiño os vindeiros días 7 e 8 de abril, en horario de mañá e tarde.
Como vén sendo habitual, a unidade situarase no terreiro de san Bieito entre as 09.00 e as 13.30h e, pola tarde, de 15.15 a 18.00h.
As citas poden solicitarse chamando ao teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web www.sycitv.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario