24 de mar. de 2025

O ROSAL

Os Cafés en Igualdade regresan para debater sobre a carga invisible das mulleres nos coidados   

• Será este xoves 27 de marzo, ás 17.30 horas, no restaurante Eiras, da man de Nuria Martínez e An Diz, de Outrora Cooperativa Galega.  Entrada de balde 




 Infogauda / O Rosal

 Cando se fala de coidados, fálase de igualdade? O Concello do Rosal convida a reflexionar sobre esta cuestión nunha nova sesión dos ‘Cafés en Igualdade’, que nesta ocasión creará un punto de encontro para reflexionar sobre ‘Os coidados. Sempre recaen nas mulleres?’ da man de Nuria Martínez Lomba e An Diz Neira, de Outrora Cooperativa Galega. Esta nova cita terá lugar este xoves 27 de marzo, ás 17.30 horas, no restaurante Eiras, con entrada de balde.  

 Os coidados, tanto no ámbito familiar como social, seguen a ser unha responsabilidade que recae de maneira desproporcionada sobre as mulleres. Este encontro busca abrir un espazo de debate e análise sobre como esta carga invisible impacta nas súas vidas, na sociedade e no avance cara a unha igualdade real. 

 A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández Callís, resalta a importancia destes encontros como unha ferramenta clave para a sensibilización e o cambio social. “Os coidados son esenciais para a vida, pero non poden ser unha responsabilidade exclusiva das mulleres. Reflexionar sobre isto é fundamental para construír unha sociedade máis xunta e igualitaria”, sinalou.   

 Os ‘Cafés en Igualdade’ están organizados polo Concello do Rosal e contan co financiamento do Ministerio de Igualdade, a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024.

Ningún comentario:

Publicar un comentario