ATLETISMO
ÁLEX SIERPES PEREIRA TRIUNFA NO CAMPIONATO NACIONAL DE PORTUGAL DE 5 KM EN ROTEIRO
• Celebrado en Braga a pasada fin de semana, logrando un éxito por partida dobre
Redacción Deportes / A Guarda
O atleta Álex Sierpes Pereira, de A Guarda, vén de participar no Campionato Nacional de Portugal de 5 km homologados en roteiro, dominando sen dificultades a proba na categoría Sub-18, deixando claro a súa superioridade fronte aos seus rivais portugueses. Ademais, rompeu novamente os seus propios récords galegos nas categorías Sub-18 e Sub-20, rexistros que el mesmo establecera o ano pasado en Carballo (A Coruña), onde conseguiu unha marca de 15'07''. Aquel tempo valeulle a medalla de prata absoluta o 2 de xuño de 2024 e ata antonte era o mellor rexistro histórico nas devanditas categorías.
Este ano, Álex Sierpes presentouse en liña de saída coas cores do Sport Lisboa e Benfica, decidido a revalidar o seu título por segundo ano consecutivo. Xa en 2024 lograra impoñerse en primeira posición cun tempo de 15'16'', cruzando a meta en primeiro lugar o 7 de abril.
A pesar de que as condicións meteorolóxicas non eran as ideais, con frío, choiva e vento, nada puido frear ao talentoso atleta. Cunha actuación impecable, Álex Sierpes cruzou a meta en primeiro lugar da clasificación xeral, logrando unha vitoria folgada e contundente. Detivo o cronómetro en 14'47'', mellorando en 20 segundos o récord autonómico en roteiro para as categorías Sub-18 e Sub-20.
Con todo, a pesar do seu brillante desempeño, Álex Sierpes non puido ser recoñecido oficialmente como campión de Portugal debido á súa condición de atleta estranxeiro.
Dese xeito, o podio quedou conformado da seguinte maneira:
Medalla de ouro para Afonso Gomes, cun tempo de 15'08'', o seu máis inmediato perseguidor.
Medalla de prata para Diogo Pinto, quen finalizou en 15'38''.
Medalla de bronce para Davida Moura, cun rexistro de 15'40''.
Ningún comentario:
Publicar un comentario