BALONMÁN
Juan Rodríguez Pérez recibirá, a título póstumo, a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia
Redacción Deportes / A Guarda
A xunta directiva do Club de Balonmán Mecalia Atlético Guardés vén de facer público o seguinte comunicado:
“O noso expresidente vén de recibir a título póstumo o máximo recoñecemento outorgado pola Xunta de Galicia no ámbito do deporte. O galardón será recollido pola súa familia no acto de entrega que se celebrará no Teatro Principal, de Ourense, este mércores 26 de marzo.
Juan foi responsable do Club nas pasadas catro décadas, traballando arreo dende os cargos de presidente, delegado e presidente de honra ata o seu pasamento o pasado mes de agosto. O Guardés débelle o seu legado, xa que foi a persoa que retomou o Club nun dos seus momentos máis baixos ata lograr levalo ao máis alto e conseguir un título de Liga, unha final copeira e outra europea.
Agradecemos profundamente que a Xunta de Galicia recoñeza o seu labor como unha das persoas máis importantes para o crecemento do balonmán guardés e galego”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario