22 de mar. de 2025

CULTURA

Marta Verde Rodríguez, súmase á conmemoración do Día Mundial da Auga, cunha exposición monográfica da colección "Auga, manantial de vida" 

• Patente na Oficina Principal de Correos de Ourense


Foto familiar da inauguración, onde aparecen alumnos do Colexio Cardenal Cisneros; a vicesecretaria de FESOFI, Marila Abad; a autora da colección, Marta Verde; o presidente de INORDE, Rosendo Fernández, que representaba a Diputación Provincial de Ourense; o presidente da Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño, José Barros; o director adxunto da Oficina Principal de Correos de Ourense, Julio Soto; e un grupo de filatelistas e coleccionistas
Reportaxe fotográfica: Rafael Artacho, Marina Rodríguez e Marila Abad

Infogauda / Ourense

 Para conmemorar o Día Mundial da Auga (22 de marzo), as 12:30 horas, de onte venres, inaugurouse na Oficina Principal de Correos de Ourense, unha exposición monográfica da colección de etiquetas de auga titulada "Auga, manantial de vida" da guardesa Marta Verde Rodríguez

 Esta exposición é realizada pola Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño, de Ourense, que dende xullo de 2020, realiza ininterrumpidamente distintas exposicións filatélicas e doutros coleccionismos, coincidindo ou non, con datas sinaladas. Nesta ocasión, e con motivo do Día Mundial da Auga, foi a excusa perfecta para amosar a metade desta colección de etiquetas. 

 Coincidindo co Día da Poesía (21 de marzo), algúns alumnos do Colexio Cardenal Cisneros achegáronse ata a exposición para recitar versos da súa autoría, tendo como protagonista a auga.


Lectura duns fragmentos de “Terra de homes” de Antoine de Saint-Exupéry que está adicado a auga. Con este fragmento comeza Marta Verde Rodríguez, súa colección de etiquetas
Alumnado do Colexio Cardenal Cisneros, moi atentos as explicacións, e prestando máxima atención as etiquetas dos distintos continentes, xa que nese centro educativo teñen gran diversidade de nacionalidades

.Explicando a colección ó público asistente ó acto
Marta Verde explicando o contido da colección ao equipo de Telemiño Ourense. A partir do minuto 17 sae unha reseña informativa da exposición monográfica https://www.youtube.com/watch?v=pNMbPFfQ8v4&t=7s

 

 A exposición consta de 12 vitrinas expositoras, nas que hai 96 follas en DIN A3 - 29,7 cm x 42 cm -, e que estará exposta durante un mes aproximadamente, en horario de oficina. 

 Esta é a terceira vez que Marta Verde expón esta colección en Ourense; as anteriores foron no Congreso Internacional de Termalismo, Termatalia. 

 Según explica Marta Verde sobre a súa colección: “no coleccionismo, do que sexa, podes acumular ou darle un xeitiño e profundizar todo o que se poda no tema a coleccionar.  

 Empecei por casualidade e curiosidade a xuntar, e como filatelista que son, busqueille un sentido ao que tiña. Como facemos en filatelia competitiva, creamos un plan cunha idea a realizar. Neste caso, coas etiquetas que iba conseguindo, fun agrupando ideas para facer o esquema da colección. Coma coleccionista de Filatelia Aberta, tamén incorporo na colección, material doutros coleccionismos e que sexan idóneos para o que explico. 

 Nesta colección explícase a importancia da auga para os seres vivos e, principalmente, o ben para o ser humano en todos os aspectos. Ao igual que a mensaxe que poda amosar na etiqueta, e que algunhas veces pode pasar desapercibida.  

 Ainda queda moito por estudar e amosar, e despois de mirala exposta, tamén hai que modificar e mellorar, coma calquera colección que está “viva”.  

 Miña intención non é conseguir todas as etiquetas do Mundo, nin todas as de España, nin sequera as de Galicia, senón intentar saber moito máis sobre este ben tan prezado, e que sempre protestamos coas primeiras pingueiriñas dun poallo

 Só espero que a xente lle guste, e que se atreva a darlle ese “xeitiño” ao material que temos gardado en calquer caixón. Ademáis, o saber, nos enriquece.” 

  Se alguén está interesado en saber máis desta colección e sobre a auga, pode visitar o blog H2O y algo +, creado por Marta Verde Rodríguez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario