24 de mar. de 2025

CULTURA

A Deputación de Pontevedra inaugura este sábado no Palacete das Mendoza unha exposición do pintor Javier Cabo 

• A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 13 de abril


Bañistas, obra de Javier Cabo Villaverde
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra inaugura este sábado 29 de marzo no Palacete das Mendoza a exposición “Síntese de formas e análise de superficies”, do pintor Javier Cabo Villaverde. A mostra estará dispoñible ata o domingo 13 de abril na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas. 

 Nas obras de Javier Cabo (Santiago de Compostela, 1960), licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense e Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago, pódese ver a influencia de correntes artísticas renovadoras do século XX, como o cubismo, o futurismo italiano ou o surrealismo. A través dunha combinación de recursos, Cabo constrúe un universo pictórico no que o cotiá, o simbólico e o material vense entrelazados. A súa obra, lonxe de ofrecer unha representación estática da realidade, invita a mirar máis alá da superficie, a descubrir en cada fragmento una historia, unha emoción ou unha pregunta aberta á interpretación.  

 Os horarios de visita da exposición “Síntese de formas y análises de superficies” do pintor Javier Cabo, no Palacete das Mendoza a partir do sábado e ata o 13 de abril serán os seguintes: de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas, os sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e os domingos de 10:00 a 14:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario