11 de mar. de 2025

A GUARDA

‘Queimar o monte’, un documental para concienciar sobre os incendios forestais 

 Proxectarase o xoves, 20 de marzo, ás 20:00 horas, no Centro Cultural




 Infogauda / A Guarda

 O xoves 20 de marzo, ás 20:00h no Centro Cultural de A Guarda, proxectarase o documental “Queimar o monte”.  Entrada de balde, ata completar á cabida.

 Esta produción de Emilio Fonseca, con Walkie Talkie Films, trata as causas dos incendios en Galicia, o principal problema medioambiental na nosa terra.  

 Con 55 minutos de duración, o documental - rodado en Galicia durante a primavera e o verán de 2012 - achegaranos ao fogo a través de entrevistas a académicos, axentes forestais, agricultores e gandeiros, inspectores, protectores do medio ambiente e veciños do medio rural.  

 Ademais de centrarse nas causas dos incendios forestais, trátase dun retrato do monte galego. Presenta unha colección de personaxes que contan as súas situacións particulares, reais e imaxinarias, e os seus problemas, causas e solucións. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario