14 de mar. de 2025

A GUARDA

A actriz María Vázquez, de novo pola nosa vila

• Logo das dúas proxeccións da película "Matria", incluídas na programación do 8M, participou en sendos coloquios co respectable público, no Centro Cultural


De esq. á der.: a actriz María Vázquez, con Yolanda Villaverde, directora do CIM de A Guarda, e Susana Álvarez, concelleira de Igualdade e Voluntariado, nun momento do coloquio no salón de actos do Centro Cultural
María Vázquez - no escenario - dirixíndose ao público do pase de onte pola mañá
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 No día de onte, o Centro Cultural da vila acolleu dúas proxeccións da película "Matria", dentro da programación do 8M, do Concello de A Guarda. O pase da mañá foi exclusivo para o alumnado de 2º de Bacharelato.  

 En ambos pases puidemos contar co posterior coloquio da actriz protagonista María Vázquez (Vigo, 1979), a quen Susana Álvarez Castro, concelleira de Igualdade e Voluntariado, agradeceulle por vir a compartir este tempo á Guarda.

 Reflexionouse sobre o contexto de Ramona, a protagonista do filme, e sobre como se traballa un papel así. 

 Asemade, María Vázquez tamén tivo tempo para agradecer á nosa vila polos meses que pasou aquí en 2024, como unha veciña máis de A Guarda, con motivo da rodaxe de "Rondallas", baixo á dirección de Daniel Sánchez Arévalo. 

 No reparto de "Rondallas", ademais de María Vázquez, destacan Javier Gutiérrez, Tamar Novas, Carlos Blanco, Judith Fernández, Fer Fraga, Xosé Antonio Touriñán e Marta Larralde, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario