3 de feb. de 2025

TUI

Federico Pérez vai presentar en Tui “Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)”

 Será ás este venres, 7 de febreiro, ás 21:00 h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en tui.gal 




Infogauda / Tui

 “Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)” é o título do monólogo que Federico Pérez presentará este venres 7 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Municipal de Tui, dentro da programación cultural deste primeiro trimestre do ano.  

 Coa produción de Ainé Producións, Federico Pérez levará ao público nunha viaxe polas paisaxes da súa vida para coñecer algúns dos personaxes que o marcaron. 

 E para iso, dará a súa versión dos feitos: de cando naceu, como se criou, da súa nai, do seu pai, da súa avoa, do lugar onde medrou e, sobre todo, do lugar ao que vai chegar: a morte.  E, ademais de contalo, vaino cantar interpretando cancións tradicionais da nosa cultura fusionadas coa maxia de Lennon e McCartney ou a paixón de Frank Sinatra.  

 O espectáculo, dirixido a público maior de 16 anos, conta cunha duración de 70 minutos. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 10€ e 7,5€.  

 Entradas

Ningún comentario:

Publicar un comentario