A asociación “Bicos de Papel” organiza un festival benéfico o vindeiro sábado, no pavillón de Sobrada
• Haberá actuacións de baile dos grupos Metamorfosis, LDanza, FlashDance e FitDance. Ás 18.00h unha Masterclass de Zumba
Infogauda / Tomiño
Bicos de Papel, asociación viguesa de axuda a nenos e nenas con cancro, vai celebrar un festival benéfico, este sábado, 22 de febreiro, ás 16.30h, no Pavillón de Sobrada (Tomiño). Haberá actuacións de baile dos grupos Metamorfosis, LDanza, FlashDance e FitDance. Ás 18.00h unha clase maxistral de Zumba. As entradas (12 euros) poden mercarse xa en FitDance (rúa Bos Aires, 5 - baixo. Tomiño), ou ben, o mesmo día do festival. Colabora Concello de Tomiño.
Bicos de Papel nace dun grupo de familias con fillos ou fillas con cancro, que coñecían de primeira man os problemas aos que se enfrontaban tras o diagnóstico. Isto impulsoulles a crear a asociación e así promover melloras na atención dos/das pacientes e apoio ás familias. Entre outras actividades, organizan saídas e campamentos cos nenos e nenas, unha Gala Solidaria no auditorio Mar de Vigo e están a traballar en novos convenios que beneficien ás/aos pacientes oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario