1 de feb. de 2025

TOMIÑO

Comezaron as visitas do Servizo de Vixilancia, Inspección e Control da Xestión de Residuos 

• Aínda que as primeiras serán de información, o obxectivo é comprobar se a separación de residuos se axusta á normativa 


Os técnicos do SEVIC e a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Tomiño
Foto; C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Servizo de Vixilancia, Inspección e Control da Xestión de Residuos (SEVIC), da Deputación de Pontevedra, iniciou as súas primeiras visitas polo concello de Tomiño (que serán de formación e información ao principio) aos produtores singulares, é dicir, o sector comercial e de hostalería, co fin de recadar toda a información que permita avaliar o cumprimento da normativa aplicable, concretamente, sobre a correcta separación dos residuos  nas diferentes fraccións e garantir a súa recollida separada. Nestas visitas entregaranse guías e ofrecerase tamén contactos telefónicos para resolver dúbidas. 

 Se alguén quere máis información ou aclaración, pode porse en contacto co Departamento de Medio Ambiente do Concello de Tomiño (teléfono 986 622 001). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario