VOLUNTARIADO AMBIENTAL
1.000 NOVOS CARBALLOS PARA A SERRA DA GROBA
• Plantación no Parque Forestal do Valdarca – Oia
Infogauda / Oia
O sábado 01 de marzo a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa María de Oia xunto ca Asociación Forestal e de Educación Ambiental A Jalleira, organizan unha xornada de voluntariado ambiental no monte veciñal de Santa María de Oia.
Nesta ocasión a xornada consistirá na plantación de 1.000 carballos do país (Quercus robur) no Parque Forestal do Valdarca.
A xornada comezará ás 10:00h, o punto de encontro será na Casa do Valdarca (Casa forestal de Oia).
Ó remate haberá uns petiscos e bebidas para todos/as os/as participantes da xornada.
Infórmate e inscríbete en ajalleira@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario